Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

domingo, 26 de xuño de 2016

PREMIO AO NOSO GRUPO DE TEATRO

Este blog está que ferve con tan boas novas. 
O grupo de teatro do IES Monte das Moas: "O Telón de Aquiles", dirixido polo profesor Rafael Alonso, acaba de acadar un merecidísimo 5ª premio no XIX Certame de Teatro "Candilejas Don Bosco" coa obra El Chico de la Última fila de Juan Mayorga. 
Especiais parabéns para os actores que foron destacados en dito certame: Sara Maneiro, Alba Paredes, Adrián Gallego e Andrés Rey.

O grupo de teatro ao completo recibe a merecida distinción

mércores, 22 de xuño de 2016

Presentación da revista "O Son Rebuldeiro"

Como cada ano por estas datas vimos de presentar un número máis da revista do centro editada por Normalización e un nutrido grupo de redactores de diferentes cursos do noso instituto.

Achegamos aquí unha pequena reportaxe coa presentación que se realizou na biblioteca.

Presentación "O Son Rebuldeiro" on PhotoPeach

luns, 20 de xuño de 2016

Feira de Libros de 2ª man: Entrega dos cartos conseguidos

Como recordades, no mes de abril, entre outras actividades para celebrar o mes do libro, puxemos en marcha unha exitosa campaña de venda de libros de 2ª man en beneficio dunha ONG local.
Pois ben. Hoxe tivemos oportunidade de entregarlle os cartos recadados a Ana ex alumna do noso centro, médico e colaboradora da ONG Ecodesarrollo Gaia que realiza un excelente labor no eido da inmigración na nosa cidade.

Dous momentos da entrega dos cartos por parte de alumnas de 1º E ESO
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo ilustrativo do labor que realizan na nosa cidade e en Senegal.

xoves, 16 de xuño de 2016

Nadando entre lecturas.

Presentamos quentiñas, quentiñas as recomendacións lectoras da biblioteca para este verán.

mércores, 15 de xuño de 2016

III Concurso de Debuxo "Picasso Coruñés"

Alumnado do noso centro foi galardoado con importantes premios nesta edición do concurso que selecciona as mellores obras presentadas nas categorías de :
- Mellor Xornal
- Mellor Ilustración
- Mellor Redacción
Parabéns aos premiados:

III Concurso de Debuxo "Picaso Coruñés" on PhotoPeach

domingo, 12 de xuño de 2016

Premios ao alumnado máis lector

Grazas ao noso "lecturómetro" puidemos premiar, a través dun sorteo ao alumnado máis lector cun pequeno agasallo.

Aquí vos deixamos as fotos das alumnas agasalladas. Parabéns a todas!!!
De esquerda a dereita: Alba, Martina e María Rey de 1º A ESO

Thalita de 4º A ESO

Lucía García de 2º B ESO

martes, 7 de xuño de 2016

EXPOSICIÓN LUTHIERS

Outra magnífica exposición do traballo do alumnado de 3ª e  4ª de ESO amosando mecanismos de instrumentos musicáis.
Xunto coa exposición podedes encontrar uns documentos explicativos do traballo dos luthiers e pequenas biografías dos mellores do mundo para que contestedes un cuestionario sobre a exposición.
Tamén podedes gozar dun vídeo coas fotos da exposición e un anaco dun concerto ofrecido polo alumnado de música de 1º A de BAC.
Aquí deixamos a documentación.


luns, 6 de xuño de 2016

Mapa nteractivo do barrio

Mañá martes presentamos oficialmente este marabilloso traballo colaborativo consistente na elaboración dun mapa interactivo do barrio que recolle aspectos históricos, sociais, económicos e mesmo emocionais do entorno onde vive ou traballa a comunidade escolar do IES Monte das Moas.

Para quen non poida vir á presentación aquí deixamos o mapa:

Premios do Concurso de RELATO BREVE CON FONDO DE MITO CLÁSICO

Vimos de fallar o premio aos mellores relatos con temática de mito clásico e velaquí as flamantes gañadoras:

Noa Hernández e Jennifer Vázquez, ámbalas dúas de 4º de ESO A  polos seus magníficos relatos que serán publicados en breve neste mesmo espazo.

Polo de agora conformádevos con esta fotografía na que as dúas rapazas posan cos seus contos e os premios: Senllas tarxetas regalo da librería Fnac por valor de 40 e 30 € respectivamente.

Parabéns ás escritoras.