O Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Monte das Moas
quere propoñer a todo o alumnado de 3º da ESO, nesta semana das Letras Galegas
2016 unha nova e divertida actividade.
Trátase de descubrir a pegada que deixou o Rexurdimento cultural
do s. XIX na Coruña; para iso, haberá que facer un atento
percorrido por rúas e prazas, monumentos e ... lugares "especiais"
coa axuda de pequenas pistas que podedes consultar nesta páxina.
As profesoras de lingua prestarán toda a axuda posible.
Agardamos as vosas fotos e comentarios e, o máis importante,
que o pasedes ben!!
Adiante!