Hoxe demos no recreo os premios a algúns dos participantes na actuación contra a violencia de xénero organizada pola biblioteca. As mellores mensaxes recibiron unha camiseta deseñada por nós.
Parabéns a todo o alumnado de 4º de ESO que participou.
Valaquí o segundo número do boletín da nosa biblioteca. Este ano coa novidade de que foi elaborado polo alumnado da materia de Investigación e Tratamento da Información de 2º de ESO.
Deixámosvos aquí unha reportaxe do emotivo evento organizado para visibilizar o rexeitamento da nosa comunidade escolar contra a violencia de xénero: un pequeno carreiro de zapatos con mensaxe.
Na semana da ciencia en galego homenaxeamos á oceanógrafa galega Ángeles Alvariño cunha pequena exposición e unha folla de traballo sobre ela.
Deixámosvos aquí unha reportaxe sobre a exposición e o traballo realizado.
Pequeno vídeo no que relatamos as actuacións no noso centro para chamar unha vez máis a atención sobre este terrible problema na nosa sociedade actual.
Achegamos tamén o pequeno relato do actor Antonio Banderas como embaixador de boa vontade da ONU sobre este tema.
Por fin temos montado un pequeno vídeo coas lecturas dos contos de medo de Samaín. Grandísima calidade para estas pequenas escritoras.
Tedes tamén á vosa disposición os contos premiados.
Para gozar.
A escritora e profesora galega, Pilar Pallarés, ven de ser merecidamente galardoada co Premio Nacional de Poesía pola súa obra Tempo Fósil.
Concedéronlle o premio"por trasmitir con profunda sabiduría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do
vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como
un corpo vivo".
A escritora ten publicados os libros de poemas: Livro das devoracions (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011), polo que recibiu o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Tempo fósil (2018), merecedor do Premio da Crítica 2018.
O pasado xoves fíxose entrga dos premios ás mellores fotos do concurso fotográfico da biblioteca: "Somos Galegos". Trala 1ª votación popular na que houbo unha altísima participación, quedaron 5 fotos finalistas entre as que un xurado experto escolleu as gañadoras: 1º premio:
"COAS MANS" de Martina Gómez de 4º A
Reciben os seus respectivos premios Martina, á dereita e Irene.
2º Premio:
"GALIZA, O PAÍS DOS MIL RÍOS" de Irene Quintela Valiño de 2º D ESO.
3º premio:
"AS NUBES, HABELAS HAINAS"de Águeda Millán de 3º de ESO B
Amosamos aquí unha selección de lecturas en banda deseñada para aprender, gozar e concienciar. Achegádevos á biblioteca para coller algunha das nosas recomendacións ou calquera libro de entre a morea que vos podemos ofrecer.
No día de onte celebrouse unha pequena festa no noso centro: a inauguración dun MURAL para celebrar o 30º aniversario do instituto. a obra foi realizada polo deseñador gráfico Julián Díaz, que ademais é ex-alumno do Monte das Moas.
Xunta as palabras da directora, Ana Romero e do propio deseñador, houbo un concerto ofrecido por alumnado da materia de música e algúns dos integrantes do coro do instituto.
No periódico "La Opinión" deron unha cumprida reportaxe do evento cunha comparativa entre os dos murais, o do pintor Abelenda de hai trinta anos e o actual.
Co gallo do Día Internacional dos Museos que se celebrou o 18 de maio, o Departamento de Historia do IES Monte das Moas organiza unha completísima exposición cos traballos realizados por alumnado de 1º de ESO.
O vindeiro 6 de xuño terá lugar tamén non noso centro as IV Xornadas Romanas en Moas coa visita dos recreadores de Galicia. Todo un espectáculo.
Un alumno do IES Monte das
Moas seleccionado para a final da Olimpiada Matemática
Juan José é o segundo pola dereita.
O alumno de 2º ESO, Juan
José Vila Trinidad, clasificouse para a Fase Final da Olimpiada Matemática
galega que se celebrará en Lugo o vindeiro 23 de maio.
Facemos estensible a felicitación a todo o alumnado que participou nesta
experiencia, así como no XXVI Canguro Matemático Europeo, ao que asistiron
alumnos de 1º e 2º de ESO do noso Centro.
Xa podedes visitar no corredor principal do centro os traballos sobre AS GRANDES EXPLORACIÓNS que elaborou distinto alumnado das materias de Historia, Latín, Inglés e Club de Lectura de 1º de ESO.
Reportaxe fotográfica dalgúns dos traballos realizados.
E deixamos aquí tamén a simpática presentación que elaboraron os integrantes do Club de lectura de 1º de ESO sobre a lectura de "As Viaxes de Exeria".
Nunha edición máis , e xa van catro, o grupo de Clubs de Lectura de institutos de A Coruña, DADO, celebramos a gala anual no Ágora na que se presentan microrrelatos elaborados polo noso alumnado máis, como novidade, tamén "booktrailers" nas distintas categorías A (1º,2º e 3º de ESO)e B (4º de ESO, 1º e 2º de BAC)
Este ano o noso alumnado foi galardoado con diferentes premios:
Na categoría A, Sara Sanz Fonta de 3º de ESO acadou o primeiro premio co seu microrrelato titulado O MEU INIMIGO. Podedes lelo xunto cos outros relatos finalistas AQUÍ.
Sara, á dereita, recibindo os agasallos de mans dunha compañeira.
María Tarrío Rodríguezde 4º de ESO B, resultou finalista na categoría B co seu relato MIRÁDEME que podedes ler AQUÍ.
Por último, salientar que o club de lectura de inglés tamén foi galardoado co primeiro premio de "booktrailers" ou vídeos de promoción da lectura co vídeo MILK & HONEY , interpretación dalgúns dos poemas da autora canadiense Rupi Kaur e finalista cun pequeno poema orixinal elaborado trala lectura de "The Little Prince".
O club de lectura de inglés ao completo exhibindo os seus diplomas
Aquí vos deixamos os traballos. Parabéns a todos polo esforzo de manter viva a lectura!!!!.
E, por último un resumo da gala, vídeo cedido pola biblioteca do Ágora.
Ainhoa Tajes Rodríguez de 3º A de ESO ven de recibir hoxe o seu agasallo á mellor portada para a revista do centro "O SON REBULDEIRO" que edita o departamento de Dinamización Lingüística.
Parabéns, Ainhoa polo magnífico traballo que intenta facer un compendio dos 30 anos do noso instituto.
Co gallo do 80º aniversario da II Guerra Mundial o Departamento de Historia do centro elaborou unha fantástica exposición con elementos relativos a dito acontecemento: revistas, periódicos, uniformes, trebellos... unha completísima información da guerra en imaxes.
Deixámosvos aquí o vídeo promocional e máis unha pequena presentación coas fotos da exposición que poderedes visitar na biblioteca ata fin de mes.
Recollemos aquí a información publicada polo diario La Opinión relativa á recollida de premios polas dúas alumnas gañadoras do 3º Concurso de Microrrelatos de Amnistía Internacional. Clica na imaxe para vela.
As alumnas MARÍA
TARRÍO de 4º B e ANDREA IGLESIAS de 4º C de ESO veñen de ser gañadoras do 3ºCONCURSO XUVENIL DE MICRORRELATOSsobre o acoso escolarde AMNISTÍA INTERNACIONAL CORUÑA :
“NO NOSO GRUPO CONSEGUÍMOLO”.
Ámbalas dúas rapazas
foron premiadas ao microrrelato mellor valorado por un xurado seleccionado polo
Comité de Amnistía Internacional Coruña nas seguintes categorías:
Novamente mulleres da comunidade escolar do IES Monte das Moas rinden unha sentida homenaxe a loitadoras que aportaron coas súas viaxes ou exploracións unha nova mirada ao mundo.
Esta exposición poderá ser visitada ata final de mes a partires de mañá,7 de marzo, na nova zona de exhibicións habilitada no corredor principal que dá acceso á biblioteca.
Como é habitual deixamos aquí tamén unha folla de traballo para todo o profesorado que queira baixar co seu alumnado a visitala.
Comprobaredes que xunto a exposición colocamos un último póster dedicado a unha muller extraordinaria: Celia Rivas Casal, a primeira camioneira de España e avoa dunha das alumnas do instituto.
No Día de Rosalía organizamos un "Comando de Lectura " formado por alumnas de 1º de ESO que foi polas clases recitando versos da nosa universal poeta. Deixámosvos aquí unha mostra do seu bo facer.
Tamén vos deixamos aquí outro vídeo moi difundido estes días polas redes no que a cantaurora galega MJ Pérez fai un "cover" da canción Malamente de Rosalía coa letra de Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro.
O equipo de dinamización lingüística convoca un concurso para elaborar a portada da revista do centro para este ano no que se fan 30 anos da súa inauguración. Se queredes participar mirade as bases:
Éxito total da campaña de "vacinación"colectiva polo bo trato argallada pola Biblioteca do noso instituto. Máis de 100 compromisos da nosa rapazada solidaria.
Aquí vos deixamos a reportaxe do evento.
Co gallo do Día da Paz, a Biblioteca está a organizar un evento no corredor pricipal coa idea de "vacinar" a todo canto alumnado quera contra o maltrato e a violencia.
Aquí podedes ver en que consiste a actividade.
Julieta García Wallace de 1º A ESO foi a afortunada gañadora dun pequeno agasallo por ser a primeira en atopar a "fake news" do noso boletín de decembro.
Parabéns!!!!