Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

martes, 29 de decembro de 2015

Reproducións Históricas

Velaquí a última exposición presentada pola biblioteca e elaborada polo Departamento de CCSS. Trátase dunha serie de documentos e outras reproducións históricas que ilustran o modo de vida na España dos séculos XVIII ao XIX.

A exposición continuará na Biblioteca ata mediados do mes de xaneiro.

martes, 22 de decembro de 2015

Premiados no concurso do Tríptico de Nadal

Grazas a todos os que participastes no concurso do Tríptico de recomendacións lectoras da biblioteca.
Estes son os nomes dos gañadores:

        •  María Varela Diéguez
  • Javier Fernández Guerra
  • Miguel Cagigao
  • Adrián Chans Fernández
  • Anira Albarellos
Todos de 1º D de ESO.
Noraboa aos premiados. Pasade a recoller o voso agasallo no recreo do día 8 de xaneiro na BIBLIOTECA.

FELICES FESTAS!!!!!!

xoves, 17 de decembro de 2015

Concurso de monólogos

Cun monólogo moi divertido, da súa propia autoría, e con moi pouco ensaio, a alumna Coral López Viqueira de 4º A gañou o 1º premio no VI Concurso de Monólogos do concello de A Coruña no apartado de 2º ciclo de Secundaria co tema:   “Ás 12 en casa”

PARABENS!!!!

VI Concurso de Monólogos do Concello de A Coruña on PhotoPeach

luns, 14 de decembro de 2015

Recomendacións de Nadal


Presentamos un pequeno tríptico de recomendacións da biblioteca para este Nadal. Pouco espazo para tantas cousas que temos que ofertar, así que mellor que vos deades unha volta pola biblio para ver que vos podedes levar para pasar un bo rato nestas festas.

Ah! Como novidade incluimos un concurso para descifrar de quen é o texto que está na portada do tríptico. Lede as bases nel, se cadra aínda vos levades outro regalo de Nadal.


FELICES LECTURAS A TOD@S!!!!!

luns, 7 de decembro de 2015

Prohibido Leer a Lewis Carroll

Os Lectores Rebuldeiros de 2º de ESO dan coas razóns de por que non se pode ler a tan insigne autor despois de gozar deste divertidísimo libro de Diego Arboleda.
Publicamos aquí o noso pequeno vídeo, tamén dispoñible en LECTURAS REBULDEIRAS.

domingo, 29 de novembro de 2015

Homenaxe a Neira Vilas

O venres 27 falecía na súa casa de Gres (Vila de Cruces) o autor de Memorias dun neno labrego, a obra que se pode considerar como o maior best-seller da literatura galega. 

Con este vídeo editado pola librería Cartabón de Vigo, a biblioteca deste centro quere unirse a un sentido homenaxe a este inesquecible valor da nosa cultura.


NEIRA VILAS na nosa biblioteca


martes, 24 de novembro de 2015

Violencia de Xénero: I Concurso de Conto ou Relato Breve

I Concurso de Conto
ou Relato Breve

IES MONTE DAS MOAS


A Biblioteca e os Departamentos de Lingua Galega e Castelá  organizan un concurso para os grandes escritores dos últimos cursos do centro (4º de ESO, 1º e 2º de BAC.)

·        TEMAS

-       Violencia de Xénero
-       Paz
-       Guerras
-       Conflitos
-       Violencia en xeral

·        PRESENTACIÓN:

Poderanse presentar relatos nun mínimo espazo dun folio e nun máximo de tres, que cumpran os seguintes requisitos:
-       Lingua galega ou castelá
-       DinA4
-       Dobre espazo
-       Calibri 12

·        DATA DE ENTREGA

Convocamos o concurso o día 25 de novembro (Día Internacional Contra a Violencia de Xénero) e a data límite de entrega será o venres 19 de febreiro.

·        FORMA DE ENTREGA DOS RELATOS

Os relatos serán entregados en man na biblioteca, nun sobre anónimo cun lema ou título. Dentro e noutro sobre pechado, constarán os datos dos concursantes, (nome, apelidos e curso).

·        PREMIOS

Haberá un primeiro, un segundo, un terceiro premio e a posibilidade dun accésit ou ben de declaralo deserto no caso de non cumpriren os requisitos arriba mencionados.
1º PREMIO: 50€  nunha tarxeta FNAC
2º PREMIO: 30€   “           “         “
3º PREMIO: 20€   “            “         “

·        XURADO

O xurado estará formado por persoal docente

Os textos pasarán a ser propiedade do IES Monte das Moas para unha posible utilización como guións teatrais, vídeos, sombras chinesas, etc



Violencia de Xénero. Un experimento social.

A violencia de xénero non entende de países, nin de clases sociais, nin de razas...
Como mostra, mirade este impactante vídeo sobre a  reacción de cidadáns  de a pé ante conductas violentas contra mulleres nun ascensor. 
INCRIBLE!!!!

martes, 17 de novembro de 2015

Teatro de sombras chinesas: O vídeo

Por fin podemos presentarvos o vídeo coa gravación completa do teatro de sombras chinesas que se está a representar durante todo este mes no instituto. Son algo menos de 12 minutos que ilustran un grandísimo traballo de meses que hai detrás.
Grazas a tod@s os que conseguistes que este proxecto saíra adiante.

Os tres irmáns from Biblioteca Monte das Moas on Vimeo.

domingo, 15 de novembro de 2015

Premiad@s no concurso de Epitafios

Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe sobre o Concurso de Epitafios no que resultaron premiados:
1º Premio: Alba González de 1ª ESO A con 7 puntos
2º Premio: Lucía Gándara de 2º ESO C  con 6 puntos
Dous 3ºs Premios para Antón Liñares de 1º ESO D e María Rey de 1º ESO E, ámbolos dous con 4 puntos.

xoves, 12 de novembro de 2015

Formación de Usuarios: As fotos

Un ano máis fixemos unha pequena sesión de Formación de Usuarios da Biblioteca para todo o alumnado de 1º de ESO. Trala sesión de formación houbo un pequeno concurso para comprobar o grao de atención á explicación e esta semana entregamos os agasallos aos gañadores:

1º A: Martina, Alba, Alejandra e Tabitha
1º B: José Luis, Lilibeth, Andrea Castañedo e Sergio
1º C: Lorena, Laura, Ángel e Aitor
1º D: Francisco, Mario, Pablo e Antón.
1º E: Oliver, Iago, Carla e Andrea López.

Aquí tendes un collage con algunhas das fotos.

luns, 9 de novembro de 2015

Sombras Chinesas

Hoxe vimos de representar a magnífica adaptación dun conto da autora J.K. Rowling en formato de sombras chinesas. Un traballo colaborativo de moita envergadura baixo a batuta do profesor Rafael Alonso.

Parabéns a tod@s @s que fixeron posible este pequeno gran traballo, en especial aos actores e ao departamento de debuxo.

Deixámosvos aquí a carteleira e unhas poucas fotos á espera de montar o vídeo que dá conta de todo o espectáculo.

Sombras Chinesas no IES Monte das Moas on PhotoPeach

martes, 3 de novembro de 2015

Exposición "O Patrimonio Marítimo de Galicia"

Co gallo do Día da Ciencia en Galego, e xunto cunha exposición de novidades de divulgación científica na bilioteca, vimos de presentar unha exposición no centro cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) :
O Patrimonio Marítimo de Galicia.
Para traballar con dita exposición, a biblioteca elaborou un cuestionario orientado ao alumnado da ESO para o seu aproveitamento nas materias de Galego, Xeografía e Historia, Ciencias Naturais ou ben nas horas das titorías.

A exposición estará no centro ata o día 18 deste mes
Podes descargar a folla de traballo AQUÍ

Día da Ciencia en Galego

Mañá 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego.


Ofrecémosvos na biblioteca dúas esposicións co gallo de tan interesante día:
-  Por unha banda unha pequena mostra das novas adquisicións de libros con temática científica en GALEGO
- Por outra, unha extensión da exposición instalada no corredor "O Patrimonio Marítimo de Galicia" .
Con estas dúas accións queremos aunar a cultura científica na nosa lingua e a etnográfica.

Para os alumnos de 1º de BAC haberá unha videoconferencia no salón de actos ofrecida pola Coordinadora Galega de ENDL na que o científico Xurxo Mariño da USC lles ofrecerá unha charla.


domingo, 25 de outubro de 2015

Día da Biblioteca Escolar

Cada 24 de outubro, celébrase no noso país un evento moi especial para nós: 
O DÍA DA BIBLIOTECA
Ese día  réndese unha merecida homenaxe  aos bibliotecarios e bibliotecarias polo seu fantástico labor para fomentar a lectura.
Na nosa biblioteca aproveitamos esta data para organizar unha xeira de sesións co obxectivo de formar aos nosos lectores máis novos na procura de libros dentro da nosa biblioteca.

A presentación queda como segue:
Calquera sitio pode ser bo para montar
 unha boa biblioteca.
Qué vos parece esta?

luns, 5 de outubro de 2015

GRAN CONCURSO DE EPITAFIOS

SAMAÍN 2015



II CONCURSO DE EPITAFIOS
BASES:


1.               Poderá participar todo o alumnado que o desexe de calquera nivel. Poderanse presentar un máximo de cinco epitafios por alumn@.
2.               Os textos deben estar redactados en lingua galega, SER ORIXINAIS,  graciosos ou líricos, pero non poderán ser ofensivos.
3.               Os traballos poden presentarse en materiais como cartón, cartolina… e en calquera formato, pero procurando imitar a forma dunha lápida. O nome do autor ou autora figurará pola parte de atrás, así como o curso e o grupo.
4.               Premiarase a orixinalidade e a corrección lingüística.

5.               A data límite de entrega será o xoves 29 de outubro.

6.               O xurado estará formado por docentes.

PREMIOS:

Haberá un 1º, un 2º e un 3º premio, que serán agasallados con:
*      Un CD de música ou ben película a escoller polo alumnado premiado
*      Un USB
*      Entradas de cine


Que teñades unha sorte …. DE MORTE!!!!! 

martes, 15 de setembro de 2015

BENVID@S

Non se nos ocorreu mellor maneira de darvos a benvida que da man dun home marabiilloso, o profesor Ángel Carracedo   quen impartiu unha conferencia de peche nunhas xornadas desas que facemos os bibliotecarios escolares e , lonxe de aburrirnos deixounos unha fabulosa reflexión  sobre a importancia de ensinar a buscar, comprender, tratar, usar e comunicar información, en definitiva, todo o que aspiramos que poidades facer coa axuda da BIBLIOTECA.


Profesores, alumn@s, desexámosvos que aprendades moito este curso.

mércores, 17 de xuño de 2015

Premiadas no concurso de CALIGRAMAS

Podedes ver aquí as fotos da entrega de Premios do concurso de CALIGRAMAS organizado pola Biblioteca, o Departamento de Galego e o de Debuxo e entregados hoxe mesmo no recreo.
 Quedaron espectaculares os traballos así que esperamos que froito desta colaboración poidan saír proxectos tan fermosos o curso que vén.

1º PREMIO
Antía Albarellos Graña de 3º C de ESO 
Camiseta estampada co seu traballo.

2º Premio
Enma Capelo Mera de 3º C de ESO
Enma recibe dúas entradas de cine

3º Premio de 3º C ESO
 Ana Mª García Novo

Ana recolle outras dúas entradas de cine.





martes, 16 de xuño de 2015

Recomendacións veraniegas.

Acaba ocurso e na biblio preparamos un tríptico cunhas cantas recomendacións lectoras para este verán.
Lembrade que podedes levar ata TRES libros ou DVDs para ler/ver no verán (sempre que non teñades ningún préstamo por devolver)
 Animádevos a pasar e facer a vosa selección.

martes, 9 de xuño de 2015

Obradoiro de Booktrailers: OS VÍDEOS

 Hoxe fixemos a presentación oficial dos tres "Book  Trailers" ou pequenos vídeos para a promoción de lecturas elaborados no instituto no marco dun obradoiro producido pola biblioteca do noso centro.

Queremos darlle as grazas a Cristina de la Torre, que nos guiou en todo o proceso e sen cuxa axuda nada desta tolemia sería posible e aos profesores e alumnado que nos apoiaron e fixeron grande este pequeno proxecto.

  • ENTREVISTA A PEDRO FEIJOO, autor de Os fillos do mar



  • VENTO FERIDO de Carlos Casares

  • 1984 de George Orwell

xoves, 28 de maio de 2015

Grupo de teatro do Monte das Moas

Aquí vos deixamos o enlace ao magnífico blog do grupo de teatro do instituto dirixido polo profesor Rafael Alonso. Nel poderedes botarlle unha ollada ás obras representadas polo grupo nestes últimos anos e mirar o proximo proxecto que están preparando... un teatro de sombras chinescas froito da colaboración de varios departamentos, a Biblioteca entre eles.
Pasen e vexan...

mércores, 20 de maio de 2015

"Nos duele a todos"

Presentámosvos un par de vídeos gravados por alumnos de Moas dentro do concurso “Nos duele a todos” dirixido a estudantes de ESO e Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade de todo o estado español para idear unha campaña de prevención da violencia de xénero entre a mocidade.
 Dende a biblioteca queremos axudar a difundir as súas mensaxes e darvos a oportunidade de votar o vídeo que máis vos guste.


domingo, 17 de maio de 2015

Un Día das Letras moi especial

O pasado venres os Lectores Rebuldeiros de 2º de ESO pasaron un día moi especial no Ágora xunto con outros clubs de lectura da cidade (Elviña, Monelos, Zalaeta e Agra do Orzán). Tivemos a oportunidade de ver o traballo do debuxante José Domingo que nos explicou como é a elaboración dun "cómic". Trala charla baixamos a facernos unhas fotos no "photocall" da biblioteca para conmemorar o Día das Letras Galegas e despois tivemos a gran sorte de asistir a un recital de poesía da man de Lucía Aldao e María Lado que nos fixo rir e vibrar coa súa singular posta en escea. 

Podedes ver aquí a reportaxe fotográfica da xornada.

luns, 11 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS.Concurso de Caligramas para 3º de ESO

CALIGRAMA
A Biblioteca xunto con Normalización e o Departamento de Debuxo convoca un concurso que consistirá na realización de caligramas utilizando como base cadros de pintores galegos.
"Cosrureira" Maside
"Ouro. Retrato bidimensional" Maruxa Mallo


"A rapaza dos pés descalzos" Picasso en Coruña
"O Berbés" Manuel Torres

BASES:


  •    O traballo consiste en escoller un dos modelos ofertados e enchelo, contornealo ou decoralo con poemas/versos de autores galegos.
  •    As láminas realizaranse en tamaño A4 (folio), a cores segundo as instrucións dos profesores de debuxo.
  •    As obras se entregarán ao profesor antes do 29 de maio e formarán parte dunha exposición no corredor principal.
  •    O xurado estará composto por membros da comunidade educativa.
  •    O premio consistirá en dúas entradas de cine e unha camiseta co deseño gañador.

Feira de Libros

Queremos agradecer a toda a comunidade escolar a estupenda acollida da I FEIRA DE LIBROS DE SEGUNDA MAN que celebramos no instituto dentro do marco das actividades previstas para o Día do libro.
Chegamos aos 100€!!!
Os cartos conseguidos van este ano para unha ONG: Ecodesarrollo GAIA con sede na nosa cidade e que fai un grandísimo labor en beneficio dos nenos de Senegal e outras comunidades.
Veredes tamén a exposición de novidades que temos na biblioteca.


mércores, 6 de maio de 2015

Teatro no instituto

Co gallo do Mes do Libro e como xa vai sendo tradicional, o grupo de teatro do instituto puxo en escea una magnífica e moi divertida versión da obra ASAMBLEARIAS de Aristófanes baixo a batuta do profesor Rafael Alonso.
Esperamos que estas fotos vos deixen un bo sabor de boca...
Asamblearias on PhotoPeach

domingo, 26 de abril de 2015

O Lecturómetro de Moas

Que é isto do "Lecturómetro"?
Pois ben, presentámosche un innovador sistema para que leves conta do que les e de cando tes que devolver os préstamos da biblioteca. O marca-páxinas leva un espazo para que nunca esquezas o teu nº de socio da biblioteca e, pola parte de atrás, o enderezo dos dous blogs que temos (o do Club de Lectura e o recén inaugurado blog da biblioteca) onde podes atopar información cultural, concursos e todo o que organizamos na biblioteca.

Unha vez que cubras o “lecturómetro”, deposítao na caixa que hai na mesa de recepción. A final de curso sortearemos un premio entre todos os participantes.



domingo, 19 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO. Programa de actividades.

Non vemos mellor maneira de inaugurar este blog que presentando o progrma de actividades da biblioteca para o vindeiro Día Internacional do Libro.
FELICES LECTURAS!!!