Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

venres, 28 de febreiro de 2025

ENTROIDO GALEGO

O alumnado de 3º PDC traballou as personaxes do Entroido tradicional galego e deseñou estas máscaras ou cartolinas que estiveron expostas no vestíbulo. 
 










 

RECITADO DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

RECITADO CONTINUADO DÍA DE ROSALÍA 23 de febreiro de 2025 IES MONTE DAS MOAS de Remoe a lingua

I ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA INCLUSIVA

Hoxe 28 de febreiro conmemórase un ano da inauguración da Biblioteca inclusiva do IES Monte das Moas, proxecto que se levou a cabo coa iniciativa e inestimable axuda do noso antigo colaborador, Daniel Collazo. Gracias, Daniel, polo teu labor e por seguir téndonos presentes.

ENTRUDO CHOCALHEIRO PORTUGUÊS

O alumnado de 1º e 2º ESO de Portugués decorou e deseñou estas máscaras do Entrudo tradicional portugués, entre as que destacan os Caretos de Podence de Macedo de Cavaleiros e as máscaras de Lazarim.

Resultaron gañadores dous dos deseños elaborados por alumnado de 1º ESO A.




Debuxo gañador de A. López Viqueira


 




Debuxo gañador de Marina Martín Allegue (1º ESO A)


 

 

martes, 18 de febreiro de 2025

RECITAL DO ALUMNADO NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2025

Ao longo destas dúas vindeiras semanas o alumnado da ESO e de 1º Bacharelato acudirá en diferentes quendas á biblioteca da escola para recitar versos de Rosalía de Castro cuxo día se celebra o próximo domingo, 23 de febreiro.




martes, 11 de febreiro de 2025

Día da Muller e a Nena na Ciencia, 11 de febreiro

Os diferentes departamentos de Ciencias elaboraron unha exposición para dar a coñecer algunhas mulleres científicas. Os seus nomes realizáronse con combinacións de elementos químicos da táboa periódica. A maioría delas destacaron no eido da xeoloxía, pero os seus coñecementos e formación baseábanse noutra disciplinas, como as matemáticas ou a física, polo que se tratou de poñer de manifesto a importancia do traballo en conxunto das distintas ramas.  

O alumnado dos diferentes grupos visitou a exposición ao longo da semana, coñecendo, mediante a realización de cuestionarios, as contribucións á ciencia destas mulleres, e repasando ou descubrindo á súa vez conceptos básicos relacionados coa táboa periódica.
Ademais, o alumnado de 1º ESO E confeccionou murais e maquetas dos diferentes tipos de células, feito que se aproveitou para dar a coñecer a Lynn Margulis, distinguida científica que, coa súa “Teoría da endosimbiose”, demostrou a orixe das células eucariotas a partir das procariotas".














MASTERCLASS DE FÍSICA DE PARTÍCULAS NO DÍA DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA

O día 11 de Febreiro, conmemorando o Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia, Xiana, Noa e Emma, alumnas de 1º de Bacharelato, tiveron o privilexio de asistir a unha Masterclass de Física de Partículas, organizada polo IGFAE na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

A xornada repartiuse en mañá e tarde. Pola mañá, leváronse a cabo unha serie de charlas introdutorias do tema e unha parte práctica onde as rapazas realizaron tarefas de identificación de partículas coma as que se desenvolven no IGFAE. Xa despois de xantar, debateron sobre a importancia da cuestión de xénero nas carreiras de ciencias e finalmente realizouse unha videoconferencia onde se analizaron os resultados obtidos na parte práctica con outras alumnas de Río de Janeiro e de Barcelona ademais de dúas científicas do CERN.







luns, 10 de febreiro de 2025

Algún libros para o 11 de febreiro e o 8M

No espazo expositor da biblioteca temos expostas algunhas lecturas que recomendamos para achegarse o Día da Nena e a Ciencia e o Día da Muller Traballadora. Todas sobre mulleres valerosas e meritorias, referentes para o noso tempo. 





venres, 7 de febreiro de 2025

PREMIOS OS MELLORES DESEÑOS DO DÍA DA PAZ

Foi moita a creatividade e beleza das letras e palabras presentadas para a nosa actividade do Abecedario pola Paz, pero decidimos escoller estes deseños como premiad  

Paula Pérez Martínez, 4º ESO A

Valeria Carnero Fernández, 1º ESO B
  
Emma Seguí Seijas, 1º BAC A

Breogán González Uzal, 1º ESO E

Rebeca Seco Rivas, 3º ESO B
   



domingo, 2 de febreiro de 2025

DÍA DA CANDELORIA, CANDO CASAN OS PAXARIÑOS

O alumnado de 3º e de 4º da ESO decorou coplas de amor ou deseñou haikus de primavera e agarimo para celebrar a Candeloria este 2 de febreiro e recuperar esta tradición de homenaxear a amizade e o amor no día no que casan os paxariños. Velaquí podedes ver os seus debuxos.

CANDELORIA 2025 HAIKUS E COPLAS DE AMOR de Remoe a lingua