Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

sábado, 30 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO: Sabes canto azucre consomes?

Sabes canto azucre consomes?

O alumnado de Anatomía aplicada de 1º Bach levou a cabo un proxecto de investigación sobre a cantidade de azucre que conteñen algúns alimentos, que queda reflectido na exposición que montamos na entrada do noso insti. 




 









MES DA CIENCIA EN GALEGO: EXPOSICIÓN DO NÚMERO PI

O alumnado de 3º ESO C, dirixido pola súa profesora de matemáticas, elaborou unha longa tira dos decimais que forman parte do número pi.

 

luns, 25 de novembro de 2024

RACHANDO COAS COPLAS MACHISTAS DO CANCIONEIRO TRADICIONAL GALEGO

O alumnado de 4º ESO A, nunha actividade organizada polo EDLG e o Departamento de Lingua Galega e Literatura, e facendo coincidir esta actividade coa homenaxe ás cantareiras tradicionais da tradición galega nas Letras Galegas 2025, deulle a volta ás coplas tradicionais de contido machista ou de violencia contra as mulleres e achegou a súa nova versión composta coa ollada do empoderamento feminino. E velaquí tedes o resultado!!

 





UXÍA SENLLE CANTA CONTRA OS AMORES QUE MATAN


 

25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Na entrada do instituto temos unha exposición que quere recordar as xa 41 vítimas de violencia de xénero no que vai de ano 2024 en España. É unha maneira de "poñernos nos seus zapatos", a súa ausencia está representada neses 40 pares de zapatos, etiquetados co seu nome, idade e lugar de procedencia. 
Un espazo para a reflexión e o rexeitamento. Nin unha máis!

MANS POR UN 25N SEN VIOLENCIA PARA A MULLER

O alumnado de Expresión Artística, no marco do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, deseñou uns carteis coas mans como protagonistas. A través da linguaxe universal destas, móstranse diferentes sentimentos e emocións para reflexionar e tomar conciencia sobre a violencia de xénero. 
As bolboretas acompañan moitas desas mans non so como símbolo de resilencia e renacemento, senón tamén para recordar ás irmáns Mirabal, apodadas "as tres bolboretas", asasinadas un 25 de novembro polo réxime dominicano e que deu orixe á conmemoración do 25 de novembro actual.











sábado, 23 de novembro de 2024

EXPOSITOR DO MES DA CIENCIA EN GALEGO






 

LIBROS PARA LER POLO 25N

    Aquí vos deixamos unha colección de títulos para ler sobre violencia de xénero. A meirande parte deles están na nosa biblioteca. Son historias que nos farán reflexionar e aprender. Moitas delas están na exposición da entrada, xunto a expositor. Esperamos que vos gusten.




venres, 22 de novembro de 2024

MICRORRELATOS E BANDA DESEÑADA DO SAMAÍN

 


PARTICIPACIÓN DE ALUMNADO DE MOAS NO TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO

A Fundación Barrié organiza o VII Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) co obxectivo de fomentar no alumnado de ESO e Bacharelato o desenvolvemento das habilidades argumentativas e o pensamento crítico necesario para o éxito académico e profesional.

Este curso participamos cun equipo de Oratoria de 3º de ESO. Este venres 22 de decembro tivemos a titoría presencial con Alba.O equipo está formado por Noelia, Hugo, Daniela C. e Teo como principais e Daniela F. e Martina como suplentes. A coordinadora do equipo é Mar e o debate xira arredor do seguinte tema: a principal fonte transmisora de valores debe ser a familia ou a escola.
 



 


PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE MOAS NO TÍRALLE DA LINGUA

Tíralle da lingua
é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, cos obxectivos de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, de converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, devolverlle ao galego o status que lle corresponde. E, sobre todo, asegurar a competencia na fala entre o noso alumnado. Este ano vai pola XXIII edición.

Desta volta participamos con 5 traballos de 1º de Bacharelato e outros 5 de 3º de ESO. Os traballos son variados e de diferentes temáticas. A ver se temos sorte coa premiación!!!!

martes, 12 de novembro de 2024

ENTREGA DE PREMIOS DAS MAQUETAS DO SAMAÍN TERRORÍFICO

No recreo de hoxe na biblioteca fíxose entrega ao alumnado gañador dos premios aos mellores deseños de cabazas, arañas, pantasmas e morcegos que organizaron conxuntamente os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para 1º e 2º ESO.

Parabéns ao alumnado premiado e grazas a todas as persoas participantes, ás profesoras organizadoras e ao Departamento de Tecnoloxía que amabelmente deseñou estes fermosos premios coa súa impresora 3D.














DESEÑOS PREMIADOS DE CABAZAS, MORCEGOS, ARAÑAS E PANTASMAS

No concurso de deseños de animais e seres no Samaín Científico organizado polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química, xunto co EDLG, para o alumnado de 1º e 2º ESO resultaron gañadores os seguintes.

Breogán González, Noemí López e Lucía Moralejo (1º ESO E)

Antía Lema (2º ESO B)

Nuria Tajes, Cristina Temprano e Carla Vázquez (2º ESO B)

Emilio Souto (2º ESO A)

Sofía Mateos e Valeria Martínez (1º ESO E)

Alicia Marcos e Celtia Marín (1º ESO E)

Alicia González (1º ESO D)

Adriana Iannone (1º ESO C)

Mencía Garrote (1º ESO D)