Vimos de ter un encontro virtual con Xoán Curiel e Raquel Germade porque en xaneiro visitarán o nos centro co seu proxecto sobre o Reino da Galiza.
Xoán Curiel é un artista galego e tamén un autónomo que traballa no eido cultural dende o ano 2006. A súa actividade empresarial abrangue: dirección, interpretación, ideación e xestación dos proxectos que lidera; ademais da súa produción e venda.
Dende Abril do 2021, contrata a tempo completo a una xestora cultural experta en audiovisual: Paloma Hernández. Dende entón vólcanse como equipo en innovar e modernizar a estructura empresarial, os servizos e os proxectos desta PYME. Como artista, Xoán Curiel destaca polo seu perfil inquieto e polifacético: actor, cantante e músico profesional dende o ano 2000; cunha gran experiencia coma compositor (letra e música), director artístico, bailarín, actor, director de teatro e docente de teatro. Unha longa traxectoria artística que o ten levado polo mundo, compartindo e promovendo a cultura galega. Na actualidade presenta o seu sétimo traballo discográfico elaborado a partir de cantigas medievais da lírica medieval galego-portuguesa. Dito traballo foi nomeado nos XV Premios Opinión da Coruña deste ano 2022. Xoán presenta proxectos culturais de diversa índole. No eido infantil e familiar destacan espectáculos de gran éxito (A banda do verán) que combinan música, teatro, danza e didáctica. Noutra área, crea e dirixe o I e II Certame de canción de autor en galego de Teo.
Nada en
Santiago de Compostela Raquel Germade Rey é artista plástica
e muralista. Licenciada en Belas Artes, realizou esta formación en
distintas universidades de España e América do sul: na F.B.A. de
Pontevedra, na F.B.A. de Sevilla e na Universidade Federal de Santa
Catarina (Brasil). Cursou tamén un posgrado en Ilustración na
F.B.A. do Porto (Portugal). Actualmente está a traballar en
distintos proxectos de pintura mural, entre os que cabe destacar o
traballo realizado para o CRA de Teo, a partir do cal están a xurdir
novos proxectos similares para outros CRA de Galicia. Ademáis da
faceta muralística, Germade expón e vende a súa obra plástica coa
Galería Dupla de Santiago de Compostela.
Premios
e recoñecementos: Bolsas propias da Universidade de Vigo para
estudos universitarios. Bolsa SÉNECA de intercambio nacional. Bolsa
Erasmus Internacional. Canción de autor en galego de Teo. Bolsa
Erasmus Internacional. Proxecto mural para CRA de Teo. Proxecto mural
para o CRA de Dodro. Murais para particulares e empresas.
Actualmente
traballa en proxectos para A Estrada e Santiago de Compostela.