O día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz e a Non-violencia.
Queres saber por que ou desde cando se celebra?
Pincha na foto e o veredes. Na páxina web ofrécense múltiples recursos para traballar a temática da paz.
E lembrade....se sodes de 4º de ESO ou de 1º de Bac, hai convocado un concurso de relatos no que queremos que nos contedes AS OUTRAS HISTORIAS POSIBLES.
Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
domingo, 29 de xaneiro de 2017
Microrrelatos de Terror
Presentamos unha pequena publicación cos 4 relatos gañadores no concurso de Microrrelatos de Terror convocado pola Biblioteca e o Departamento de Lingua Castelá no mes de novembro. Esperamos que vos gusten.
Murais contra a Violencia de Xénero
Amosamos aquí os murais presentados polo noso alumnado, xunto con outros dos colexios da contorna, o concurso promovido pola PLATAFORMA VECIÑAL COTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO coa que colaboramos.
xoves, 19 de xaneiro de 2017
Marilar Aleixandre ingresou o 14 de xaneiro como membro numerario da RAG
Marilar
Aleixandre (1947. Madrid), foi pioneira no ensino das
ciencias en lingua galega e figura relevante na investigación en didáctica das
ciencias en Europa. Na
actualidade é Catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais na USC,
Como escritora
de literatura infantil e xuvenil, é
muller comprometida e moi reivindicativa, foi premiada repetidas veces e ten publicadas ata
a actualidade 20 obras. Sóanvos : A banda
sen futuro , ou A expedición do Pacífico,...?
A
autora tamén escribe literatura para adultos, poesía e ensaio, e seguro que
lestes unha das súas traducións Harry Potter e a pedra filosofal .
Na RAG ocupará a vacante deixada por Xosé
Neira Vilas. No seu discurso de ingreso“Voces termando da paisaxe galega”,
reafirma dúas das constantes como escritora: o respecto polo medio natural e a
defensa do feminismo,
A nova académica ocupará así o sillón que quedou baleiro tras o
falecemento de Xosé Neira Vilas. Na sesión de recepción lerá un discurso
titulado 'Voces termando da paisaxe galega', ao que responderá a membro
numerario da RAG Fina Casalderrey.
Marilar Aleixandre, nacida en Madrid en 1947, chegou a Galicia a
mediados dos 70 para empezar a traballar como catedrática de ensino secundario
en Vigo. En terras galegas, participou activamente na resistencia clandestina
ao franquismo, foi líder do movemento veciñal e participou na fundación da
primeira asociación feminista galega, entre outras cuestións.
Marilar na nosa biblioteca:
martes, 17 de xaneiro de 2017
CONTOS DE GUERRA E PAZ. As outras historias posibles
Concurso de relato curto
“Contos de Guerra e
Paz”
A Biblioteca do IES
Monte das Moas convoca un concurso de
creación literaria para celebrar o Día
da Paz
BASES:
·
Pode concursar todo o alumnado de 4º de ESO e 1º
de Bacharelato.
·
O concurso consistirá na elaboración dun relato
baseado nun dos cadros da exposición da
biblioteca.
·
Os relatos deberán ter entre 200- 250 palabras e
estar escritos en galego. Entregaranse por correo electrónico no seguinte
enderezo: bibliomontemoas@gmail.com
antes do 10 de febreiro cos datos d@s
autor@s (nome completo e curso).
·
O texto consistirá nunha historia orixinal e
baseada nos personaxes ou as situacións que aparecen no cadro escollido.
Trátase de contar “as outras historias posibles”.
·
É imprescindible indicar o número do cadro seleccionado
e elaborar un título axeitado para os relatos que se presentan.
XURADO:
O xurado estará composto por membros do equipo de
dinamización da biblioteca
PREMIO:
1º Premio : Tarxeta FNAC por valor de 40 euros
2º premio: Tarxeta FNAC por valor de 20 euros
3º premio: Dúas entradas de cine
Os premios poden quedar desertos de non cumprir coa calidade
axeitada ou coas condicións de presentación.
Os relatos gañadores pasarán a ser propiedade da biblioteca
para a súa posible publicación posterior.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)