O alumnado de 1º Bacharelato e de 3º ESO puido desfrutar esta mañá dunha fantástica contada do dramaturgo, contador de historias e adaptador teatral, Quico Cadaval, que acudiu ao noso centro grazas á achega da ASPG como premio a sermos dos primeiros institutos inscritos no certame Tíralle da lingua no que participou alumnado de Oratoria de 3º ESO e cinco alumnos/as de 1º Bach.
Ningún comentario:
Publicar un comentario