Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

venres, 19 de xuño de 2026

CONCURSOS DA BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

Como en cursos anteriores, volvemos colaborar coa biblioteca do barrio, a do Castrillón. Este curso organizamos dous concursos, un para 2º de ESO e outro para 3º de ESO.

O primeiro consistiu en escribir unha carta para festexar o día da Candeloria, día en que casan os paxariños. Foi un éxito porque houbo moita participación e moi bo nivel. As mellores cartas elixidas foron as de Alicia (A miña pandeireta), Valeria (O meu raio de luz) e Antón (O Caurel) que amosaron o seu bo facer e unha gran sensibilidade.

O de 3º de ESO consistiu en elixir unha imaxe antiga da Coruña e facer un microrrelato inspirado nela. O resultado tamén foi extaordinario e Lucía Sánchez Chouza, Alma Fuentes Pallas e Lola Noya Silveira resultaron ser elixidas para seren premiadas.

Recordáronnos tamén a boa compañía que pode ser unha lectura agora que os días serán máis longos, e que sempre podemos ter as bibliotecas como lugar de referencia e de descubertas literarias. Convidáronnos a compartir os nosos propósitos de lectura para este verán, que foron desde o compromiso de lermos uns minutos ao día ata lermos un número concreto de obras durante estas semanas.
 
Grazas Alicia, Luísa, Belén e demais compañeiras polo traballo, o esforzo e a colaboración. Encántanos!

Parabéns, rapazada e grazas pola vosa participación! En Moas hai futuro literario!














martes, 16 de xuño de 2026

Teatro: Memorias dun esquelete

O luns 15 de xuño estreouse no noso instituto a obra do noso grupo de teatro Telón de Aquiles en colaboración coa nosa banda Dijo4. A obra escollida este curso foi Memorias dun esquelete, Castelao, unha obra crítica coa Galiza do seu tempo. 
A obra estreouse previamente no IES Rosalía Mera o 6 de maio, e recibiu un premio do Concello da Coruña. A maioría das fotos son deste estrea.



 















luns, 15 de xuño de 2026

Gañadores dos Microrrelatos do Concurso do Día do libro

E finalmente aquí tedes os gañadores do noso Concurso de Microrrelatos en castelán, organizado pola Biblioteca escolar e o Departamento de Lingua Castelá e Literatura. 
Os premios entregáronse na festa de despedida e agasallos do Club de Lectura e dos Colaboradores na última semana de xuño, na que nos acompañou o noso antigo colaborador, Daniel Collazo. Os agasallos deste xa tradicional concurso foron libros especialmete escollidos para cada un. Esperamos que vos gusten! Noraboa!













martes, 9 de xuño de 2026

EXPOSICIÓN DE MÚSICA EN GALEGO

O alumnado de 3º ESO e de 4º ESO C realizou estes bonitos e creativos cartaces sobre música en galego para celebrar o éxito de grupos e artistas que achegan a nosa lingua cos sons musicais máis actuais e que arrasan entre a mocidade.












xoves, 4 de xuño de 2026

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

No segundo recreo de hoxe tivo lugar a entrega de premios ás alumnas gañadoras dos concursos organizados polas Letras Galegas que nesta edición organizamos conxuntamente o EDLG do centro e a ANPA.

A entrega de premios comezou co visionado do vídeo enviado polo poeta, escultor e mariñeiro Xosé Iglesias quen tan xenerosamente nos obsequiou co regalo dunha escultura dun cachalote que foi o premio que recibiu a gañadora do certame de videopoemas, Nerea Sanjurjo Viña de 1º Bach A.

Debido aos seus compromisos laborais non puido acompañarnos neste acto, mais desde o seu barco, o Primeiro Villar, enviou este vídeo no que parabeniza as persoas participantes e onde alenta o alumnado a seguiren creando poesía na nosa lingua.


Para o 1º premio de microrrelatos a gañadora, Marina Martín Allegue de 2º ESO A recibiu o premio que entrega a ANPA e que consiste nun vale de 100 euros para gastar nunha libraría do barrio.

As restantes gañadoras: 2º e 3º premio na categoría de vídeo poemas, Inés Vale Fernández de 3º ESO B, Rebeca Seco Rivas de 4º ESO C; e o 2º e 3º premio na categoría de microrrelatos, Alicia González Leira de 2º ESO B e Manuela Regueiro Bello de 1º ESO C recibiron unha lámina do pintor Victor Rodríguez con motivos marítimos.

Aquí están as fotografías da entrega de diplomas deseñados pola ANPA e de fondo soa parte do videopoema da gañadora.

Parabéns a todas!! Espero que vos gustaran os agasallos e seguide mantendo viva esa creatividade!!