Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

venres, 19 de xuño de 2026

CONCURSOS DA BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

Como en cursos anteriores, volvemos colaborar coa biblioteca do barrio, a do Castrillón. Este curso organizamos dous concursos, un para 2º de ESO e outro para 3º de ESO.

O primeiro consistiu en escribir unha carta para festexar o día da Candeloria, día en que casan os paxariños. Foi un éxito porque houbo moita participación e moi bo nivel. As mellores cartas elixidas foron as de Alicia (A miña pandeireta), Valeria (O meu raio de luz) e Antón (O Caurel) que amosaron o seu bo facer e unha gran sensibilidade.

O de 3º de ESO consistiu en elixir unha imaxe antiga da Coruña e facer un microrrelato inspirado nela. O resultado tamén foi extaordinario e Lucía Sánchez Chouza, Alma Fuentes Pallas e Lola Noya Silveira resultaron ser elixidas para seren premiadas.

Recordáronnos tamén a boa compañía que pode ser unha lectura agora que os días serán máis longos, e que sempre podemos ter as bibliotecas como lugar de referencia e de descubertas literarias. Convidáronnos a compartir os nosos propósitos de lectura para este verán, que foron desde o compromiso de lermos uns minutos ao día ata lermos un número concreto de obras durante estas semanas.
 
Grazas Alicia, Luísa, Belén e demais compañeiras polo traballo, o esforzo e a colaboración. Encántanos!

Parabéns, rapazada e grazas pola vosa participación! En Moas hai futuro literario!














Ningún comentario:

Publicar un comentario