Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 27 de xaneiro de 2020

A Arte da Paz

Achegámonos ao Día da Paz e a nosa contribución será unha "performance" no corredor  principal do centro no recreo e unha pequena escolma de obras dedicadas a esta temática escollidas e comentadas por profesores e alumnado.
 Deixámosvos aquí tamén unha guía de traballo sobre a exposición para que o profesorado que así o desexe comente co seu alumnado as obras expostas e busque información sobre alguhas cuestións.
Non volo podedes perder.

DíadaPaz by Bibliomoas on Scribd

luns, 13 de xaneiro de 2020

RECREATORS 2019-20

O Departamento de Xeografía e Historia traballou con alumnado de 2º de ESO na realización de maquetas e debuxos de recreacións medievais. Podedes  ver a exposición no corredor principal durante as primeiras semanas de xaneiro.
Aquí vos dixamos un vídeo con algunhas das representacións máis salientables.