Este luns 11 de maio celebramos unha das festas máis tradicionais e representativas da cultura galega: os Maios, unha celebración popular que dá a benvida á primavera e que está moi vinculada á natureza, á fertilidade e ao renacer da vida. Desde hai séculos, en moitas vilas e cidades de Galicia, as persoas elaboran maios con flores, fiúnchos, musgo, ovos ou froitas para crear figuras cheas de cor e imaxinación. Ademais, esta festa vai acompañada das coplas, composicións satíricas e humorísticas nas que se comentan feitos da actualidade, costumes ou situacións da sociedade. Os Maios son unha mostra da riqueza do noso patrimonio cultural e da importancia de conservar as tradicións populares que forman parte da nosa identidade colectiva. A través desta celebración, mantemos viva unha festa que une música, creatividade, lingua e participación da comunidade.
luns, 11 de maio de 2026
CELEBRANDO OS MAIOS NO CENTRO DE DÍA DE EIRÍS
luns, 27 de abril de 2026
CHARLA CON ABRIL CAMINO
O luns 27 e abril tivemos a sorte de que nos visitase no centro a escritora Abril Camino para nos falar do seu libro Mulleres que viven xuntas. Esta foi a obra de lectura para o terceiro trimestre do alumnado de 1º de Bacharelato e tamén o lemos no club de lectura de adultas Café con letras.
Esta obra convidounos a reflexionar sobre as relacións humanas, a convivencia, a amizade, os afectos e tamén sobre os conflitos e os desafíos da vida compartida. En Mulleres que viven xuntas atopamos historias que falan da identidade, da independencia, da procura do propio lugar no mundo e da importancia dos vínculos entre as persoas. A historia de Chus e Isabel amosa esa invisibilidade das relacións entre mulleres ao longo da historia baixo o paraugas da amizade. Foi unha oportunidade moi especial poder coñecer de primeira man o proceso de creación da novela, descubrir como nace unha historia, como se constrúen as personaxes e conversar coa autora sobre os temas que aparecen na obra.
venres, 24 de abril de 2026
VISITA DO ALUMNADO DE 4º PDC AO CASTELO DE SANTO ANTÓN E Á TORRE DE HÉRCULES
No mes de abril fixemos dúas visitas a lugares da cidade que non coñeciamos tan detalladamente.
martes, 14 de abril de 2026
Feira do libro solidaria. Charla do Banco de alimentos da Coruña
O venres 10 de abril Pilar, unha voluntaria do Banco de Alimentos da Coruña, estivo no noso instituto para dar unha charla sobre o gran labor solidario que desempeña este organismo na cidade. Asistiron á charla os catro grupos de 1º da ESO, os que se lles deu a benvida a tradicional actividade do Moas polo Día do Libro, o intercambio de libros por alimentos para esta entidade.
A iniciativa desenvonverase desde o 20 de abril ao 20 de maio, para celebrar o mes das letras. Así que xa sabedes, un libro, un kilo. Agradámosvos!!!
venres, 10 de abril de 2026
Historia Medieval nos pasillos do Moas
Durante o mes de marzo e principios de abril, tivo lugar a exposición de réplicas, manualidades e traballos de Historia Medieval dos alumnos de 2º ESO. O alumnado dos distintos grupos de dito nivel elaboraron unha serie de materiais didácticos relacionados cos feitos históricos e artísticos do Medievo, dende os reinos xermánicos ata as manifestacións artísticas, pasando polo mundo feudal. Os alumnos elaboraron debuxos artísticos, dioramas, réplicas de obxectos históricos ou escribiron en caracteres cúficos e góticos o seu nome de pila, todo co obxectivo de espertar a súa empatía e curiosidade polo mundo medieval e os seus trazos explicados na aula.
xoves, 26 de marzo de 2026
AUDIOLIBRO DE COUSAS DE CASTELAO
O alumnado de 4º ESO C realizou a súa propia versión gráfica das "cousas" de Castelao e o resultado é este fermoso audiolibro no que eles mesmos lles puxeron voz ás narracións curtas do xenial e polifacético artista rianxeiro como homenaxe ao recentemente rematado Ano Castelao.
martes, 24 de marzo de 2026
CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS: MICRORRELATOS E VIDEOPOEMAS DO MAR
Nesta ocasión, e grazas á colaboración do poeta Xosé Iglesias, convocamos un certame de microrrelatos ilustrados e videopoemas coa temática do mar, que tan presente está na nosa cidade, non só como parte da paisaxe atlántica, senón tamén como un importante sector produtivo no noso barrio, tan pertiño do porto de Oza.
Esperamos que se animen a participar coas súas creativas achegas literarias das que leva anos dando boa mostra a rapazada de Moas!
luns, 16 de marzo de 2026
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE FRASEOLOXÍA E FOTOGRAFÍA
No segundo recreo de hoxe entregáronse os premios ás persoas gañadoras do Concurso de Fraseoloxía e Fotografía que se organizou arredor da data conmemorativa do Día de Rosalía de Castro e que ata a semana pasada estiveron expostas no vestíbulo da escola.
Foi difícil escoller porque nalgús niveis houbo moitísima creatividade!! Moitos parabéns a todos!!
Café con letras 3
Tras a elección da novela por parte da coordinadora, quixo a casualidade que a autora, que tamén é profesora, viñese facer unha substitución ao noso centro, feito que foi aproveitado para facer a posta en común da lectura coa presenza de Antía. A autora foi do máis amable e xeneroso escoitando as nosas opinións e respondendo as nosas dúbidas e curiosidades sobre as cuestións máis variopintas, dende a xénese e desenvolvemento da novela, que, por certo, non deixou indiferente a ninguén, ata os pormenores do labor editorial. Foi unha charla moi amena e entretida, ademais de moi instructiva. Grazas, Antía!
sábado, 14 de marzo de 2026
DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS
![]() |
O panel incorporaba tamén xogos de palabras e ilustracións vinculadas a π, co obxectivo de facer máis accesible e atractiva a temática para o alumnado. Ademais, un profesor do departamento de Tecnoloxía elaborou un poema dedicado ao número π, que engadiu un elemento creativo e distintivo ao conxunto da exposición.
En definitiva, tratouse dunha iniciativa sinxela pero que contribuíu a poñer en valor as matemáticas e a fomentar unha visión máis próxima e inspiradora desta disciplina.
mércores, 11 de marzo de 2026
FOTOGRAFÍA COA FRASEOLOXÍA POPULAR GAÑADORAS
As persoas gañadoras do Concurso de Fotografía e Fraseoloxía organizado para conmemorar o Día de Rosalía de Castro son as seguintes:
![]() |
| Carla Seijido Baamonde (4º ESO C) |
![]() |
| Antía Sueiro López (4º ESO C) |
![]() |
| Paula Pérez Martínez (1º Bach A) |
![]() |
| Irene López Sanmartín (1º Bach C) |
![]() |
| Sandra Rodríguez Cancelas (3º ESO PDC) |
![]() |
| Inés Vale Fernández (3º ESO B) |
![]() |
| Emilio Souto Suárez (3º ESO C) |
![]() |
| Noa Feliz Mora (2º ESO E) |
![]() |
| Alicia González Lema (2º ESO B) |
![]() |
| Francisco Ramallo Díaz (4º ESO PDC) |




















































