Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 28 de setembro de 2020

Protocolo Covid Bibliomoas

Aquí tedes o protocolo máis ampliado das normas da biblioteca neste curso escolar. Mesmo que o acceso á nosa sala de lectura estea limitado, continuamos coas funcións da biblioteca para garantir que o alumnado poida consultar os nosos fondos. Continúa o servizo de empréstito de libros e filmes e a posibilidade de empregar algúns dos ordenadores de consulta. Tentaremos que a biblioteca poida no posíbel fornecer recursos que ofrezan unha mellora da calidade educativa do noso alumnado e que a lectura siga facendo parte da formación académica e do desfrute de toda a comunidade escolar.


luns, 14 de setembro de 2020

Revista O Son Rebuldeiro

Deixámosvos nesta entrada un novo número da nosa revista dixital, O Son Rebuldeiro, elaborada durante o curso 2019-2020 e na que podedes ver algunhas das actividades organizadas pola biblioteca e outros departamentos do noso instituto e gozar dos textos creativos e reflexivos do noso alumnado, moitos deles creados tamén durante o tempo do confinamento.