Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

martes, 17 de decembro de 2024

CANTOS DE REI NO CENTRO DE DÍA DO CASTRILLÓN

Hoxe fomos de visita ao Centro de Día do Castrillón. Que emoción compartir tempo coas persoas  maiores do barrio!

Alicia, bibliotecaria do Castrillón veunos buscar ao instituto para nos acompañar no camiño ata a biblio onde nos esperaban as nenas e nenos do Fernández Latorrre. Fomos andando até o Centro de Día e alí estaban, nerviosas, as persoas usuarias do centro.
 
Primeiro Alicia presentou a todas as participantes, despois o alumnado do Fernández Latorre participante no Obxectibo Biblitk representou
"A bruxa Befana" un lenda que conta unha tradición italiana.
 
A continuación foi a nosa quenda, comezamos cuns xogos populares, seguimos coas lecturas de varias tradicións do Nadal en Galicia e intercalamos os cantos de Nadal. Despois Hugo, alumno de 6º do Fernández Latorre, leu un texto dedicado á súa bisavoa e a continuación fixeronlles varias preguntas sobre o Nadal ás persoas maiores que alí estaban e foron colocando as respostas nunha árbore de Nadal que quedou alí de agasallo.
 
Como lles gustaron moito os nosos cantos pediron "outra, outra, outra" e daquela fixemos unha pequena foliada con cantos tradicionais acompañados do baile. Rematou o encontro coa canción "A saia de Carolina" que cantamos maiores e pequenas.Canto nos prestou!!!
 
Grazas, Alicia, por nos embarcar nesta aventura!!! Parabéns a toda a rapazada que participastes, sodes fantásticas!!!
 






Ningún comentario:

Publicar un comentario