Hoxe visitou o noso centro Carlos Dourado de Qaramelo videoxogos. Conversa moi interesante sobre un tema que, estamos seguras, vos interesa moito. Contounos a formación que fixo para poder dedicarse a isto e tamén como se elasbora un videoxogo. Canto traballo! E nós pensando que saía da nada! Hai que buscar información, deseñar o contido, debuxar os personaxes e os espazos, programar, facer as comprobacións de funcionamento e, se todo vai ben, publicalo.
Tamén nos contou por que se decidiu a crear videoxogos en galego. Parécenos unha decisión fantástica.Nesta ligazón podedes acceder á súa web e ver como son os seus proxectos de videoxogos, xa sabedes que algúns están sen rematar.
Xa sabedes que na play store podedes atopar as súas creacións.
Dende aquí animámosvos a que probedes e difundades o seu traballo. É un rapaz moi novo, 23 anos, que está comezando e que precisa do noso apoio!
Esta actividade, organizada polo EDLG, foi posible grazas á colaboración do SNL do Concello da Coruña que ten esta charla como unha das que oferta a centros educativos para visibilizar traballos culturais feitos en galego.
Deixámosvos tamén unhas fotos de diferentes momentos da conversa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario