Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

martes, 8 de abril de 2025

AQUÍ TAMÉN SE FALA: O DÉPOR É DA CORUÑA

 
A nosa escola participa nunha nova edición da campaña de dinamización lingüística promovida desde o IES Rafael Dieste da Coruña e na que nos sumamos moitos dos institutos da cidade, Aquí tamén se fala que foi galardoada o ano anterior co premio Rosalía de Castro.

Na edición pasado centrámonos na dinamización da nosa lingua no comercio dos barrios do Castillón, dos Castros, da Gaiteira e de Eirís, mais as accións que este curso lidera de novo o IES Rafael Dieste centráronse na reivindicación para o que o Deportivo sexa da Coruña e repoña o topónimo oficial da nosa cidade no seu escudo.

 

Fermina Yáñez, directora, Ana Martíns, coordinadora do EDLG e Matilde Mosquera, xefa do Dpto de LGL

No primeiro trimestre, a directora do IES Monte das Moas, a xafa do Departamento da Lingua Galega e a coordinadora do EDLG da escola asinamos para que esta iniciativa se poida trasladar á entidade. Esta pasada fin de semana lanzouse a campaña nos medios e a rapazada do Dieste repartiu 15000 adhesivos á entrada do estadio na previa do partido Dépor- Cádiz.

Entre as persoas asinantes, á parte de docentes e membros dos equipos directivos de moitos institutos da Coruña, sumáronse, entre outros, representantes de institucións como o daquela presidente da RAG, Víctor Freixanes; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o reitor da UDC, Ricardo Cao e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

Os medios dan conta da campaña nas seguintes noticias: no Praza Pública, en La Opinión, no Xornal da Coruña, en El Español, na radio na Cadena Ser e na Cadena Cope.

Esperamos que a forza da rapazada poida conseguir o que non loitaron as institucións e que se poida recuperar o topónimo oficial nun dos bens máis queridos da nosa cidade e que a entidade, agora que tamén se sumou á campaña a Federación de Peñas, proceda á súa reposición no escudo.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario