Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

martes, 11 de febreiro de 2025

Día da Muller e a Nena na Ciencia, 11 de febreiro

Os diferentes departamentos de Ciencias elaboraron unha exposición para dar a coñecer algunhas mulleres científicas. Os seus nomes realizáronse con combinacións de elementos químicos da táboa periódica. A maioría delas destacaron no eido da xeoloxía, pero os seus coñecementos e formación baseábanse noutra disciplinas, como as matemáticas ou a física, polo que se tratou de poñer de manifesto a importancia do traballo en conxunto das distintas ramas.  

O alumnado dos diferentes grupos visitou a exposición ao longo da semana, coñecendo, mediante a realización de cuestionarios, as contribucións á ciencia destas mulleres, e repasando ou descubrindo á súa vez conceptos básicos relacionados coa táboa periódica.
Ademais, o alumnado de 1º ESO E confeccionou murais e maquetas dos diferentes tipos de células, feito que se aproveitou para dar a coñecer a Lynn Margulis, distinguida científica que, coa súa “Teoría da endosimbiose”, demostrou a orixe das células eucariotas a partir das procariotas".














Ningún comentario:

Publicar un comentario