A artista gráfica Laura Romero acudiu ao noso instituto para elaborar un mural dentro do proxecto #unhamúsicanoinsti cun deseño de mulleres músicas que pintou na porta da cafetería do centro.
Nel podedes ver a poeta e música Lucía Aldao, a cantante do grupo Leria, Magüi Berto, cantante das Ginebras e a música Hydn.
Ademais mantivo unha charla cun grupo de 1º ESO e asinounos o seu libro Ferreñas & Rock and roll no ilustra diferentes músicas galegas e que podedes encontrar na nosa biblioteca.
Podedes ver o magnífico resultado nestas fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario