Para inaugurarmos este Mes das Letras no IES Monte das Moas o EDLG, en colaboración coa biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, organizou este recital de Sara Fonta, alumna de 2º de Bacharelato A que escribía poesía e que fai parte da antoloxía de poetas novos que recentemente editou a Aira das Letras baixo o título de 21 poetas do século XXI, edición a cargo do editor Carlos da Aira.
O recital tivo lugar pola tarde no salón de actos e acudiu o alumnado de 1º Bacharelato B e C e de 2º de Bacharelato A. Antes do recital o alumnado da materia optativa de 2º Bach, Literatura Galega do Século XX presentou e entrevistou a Sara quen posteriormente recitou algúns dos seus poemas. Tamén se visionou un videopoema da súa autoría realizado como tarefa para a materia de Lingua Galega e Literatura e que podedes ver nesta ligazón.
Podedes ver aquí as fotos do acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario