Biblioteca do IES MONTE DAS MOAS
"Se existe algún acubillo, é a literatura" Andrea Maceiras

mércores, 17 de febreiro de 2016

Premios "DADO" de Videoanimación Lectora

Premios dAdO
 DE Videoanimación Lectora
BASES:

OBXECTIVO: Concurso de Animación á lectura a través da creación de vídeos feitos co móbil

FORMATOS:
1ª CATEGORÍA: Vídeo individual sen ningún tipo de edición. Poderán participar unicamente os alumnos participantes nos clubs de lectura dos centros do Grupo Dado. O libro comentado non ten necesariamente que ser un dos lidos nos clubs. Duración: 2 ou 3 minutos. PREMIOS:   1º premio: 50 euros nun vale por libros; 2º premio: 30 euros nun vale por libros; 3º premio: 20 euros nun vale por libros.
2ª CATEGORÍA: Vídeo grupal ao redor dun libro traballado nos clubs (mínimo 3 partipantes) feito sen nengún tipo de edición. Os equipos deberán estar constituidos por rapaces que actualmente participan nun club de lectura do Grupo Dado e centrarse nun libro que se leu ou se está a ler. Duración: 4 minutos máximo.  PREMIOS:  1º premio: 10 entradas de cine para calquera día do presente ano; 2º premio: 6 entradas de cine; 3º premio: 4 entradas de cine
3ª CATEGORÍA: Vídeo individual editado. Coas mesmas características que na primeira categoría pero incluíndo a edición, os alumnos participantes poderán non pertencer aos clubs de lectura. Duración: 2 ou 3 minutos.  PREMIOS:  1º premio: 30 euros nun vale por libros; 2º premio: 20 euros nun vale por libros

CARACTERÍSTICAS QUE SE VALORARÁN:
Conseguir persuadir os espectadores para que lean o libro que se presenta, ser orixinais no tratamento da información, mostrar un discurso organizado, adecuar o rexistro lingüístico á situación, utilizar correctamente a voz e usar creativamente a linguaxe non verbal. A lingua utilizada deberá ser o galego.


DATA DE ENTREGA: 18 de marzo enviando o vídeo a través de correo gmail a premiosdado@gmail.com Os nominados serán convocados a unha Gala no Ágora, na Semana das Letras Galegas, onde se farán as proxeccións dos mellores vídeos e a entrega de premios. Nas mensaxes que se manden cos vídeos ten que figurar o nome do alumno, centro e categoría pola que se participa.

Máis información na túa biblioteca escolar ou en http://lecturacoru.blogspot.com.es/


Ningún comentario:

Publicar un comentario