Desde a Biblioteca, o Departamento de Lingua castelá e o de Orientación, o alumnado de 3ºESO e de 1ºBAC está a elaborar os seu propios "haikiños" ilustrados, unha composición inventada pola súa profesora e escritora María Míguez, basada no haiku xaponés. Partindo do lema "Ut pictura poesis", adaptan a súa creación literaria a un debuxo que dará lugar a unha exposición a final de curso e a unha antoloxía. De momento, todos temos un marcapáxinas conmemorativo.
.jpg)
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario