O alumnado de 1º ESO A e B que cursan Portugués e Relixión visitaron hoxe a Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei, na Terra Chá, onde puideron recitar poemas da súa obra Os soños na gaiola traducidos ao portugués e puideron aprender, grazás ás interesantes explicacións de Antón un feixe de cousas sobre o poeta chairego.
Despois desprazáronse a Begonte para visitar o Belén articulado que se pode visitar nese concello e viñeron encantados coa visita.