Durante os meses de abril e maio por mor da celebración do Día do Libro e das Letras Galegas a biblioteca organizou un mercado solidario con libros antigos e de segunda man que as persoas podían levar a cambio dun kg de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza.
O recadado será doado ao Banco de Alimentos da Coruña. Aínda podedes participar estes meses. Animádevos!! E moitas grazas pola vosa solidariedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario