Este luns 28 de marzo o alumnado de 1º de Bacharelato, en horario de 9:20 a 11:00, e o alumnado de 4º de ESO, en horario de 11:30 a 13:10 participaron no Salón de Actos do noso centro dunha actividade promovida polo Departamento de Lingua e Literatura Galega e coordinada pola nosa compañeira Mar Hermida Pico. A actividade foi a proxección dun produto audiovisual, a webserie Amnesia 3.0, coa súa responsable, Irene Pin, e un posterior coloquio coa participación do alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario