Xa podedes ver nos nosos corredores a exposición dos creativos traballos de recomendación de lecturas como Escarlatina, a cociñeira defunta ou Jules Verne e a vida das mulleres planta de Ledicia Costas, Atranco no banco de Manuel Núñez Singala, e Corredora de María Reimóndez.
Foron realizadas polo alumnado de 1º ESO na materia de Lingua e Literatura Galega que elaboraron diversas recomendacións lectoras para os seus compañeiros en forma de lapbook, xogos ou caixas cheas de información para desenvolver o gusto pola lectura en galego.
Nestas fotos podedes ver o alumnado explicando os seus traballos que aparecen no vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario