Páxinas

martes, 16 de maio de 2023

ESTREA DA OBRA TEATRAL "DOS ÑAQUES PARA UN PIOJO"

Hoxe estreouse no salón de actos do IES Monte das Moas a última peza teatral representada polo grupo de teatro do instituto, Telón de Aquiles, co acompaámento musical da orquestra de Moas. Trátase de "Dos ñaques para un piojo"  e é unha adaptación da obra de Sanchís Sinisterra "Ñaque o de piojos y actores". 

Ademais é unha proposta didáctica para viaxar aos séculos de ouro coa inspiración no diálogo de Rojas Villandrado no seu " Viaje entretenido", escrita en 1603. Dous actores, agrupación coñecida coma ñaque, dialogan e fabulan facendo século tras século o único que saben facer: Actuar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario